
Cando
6 de Agosto de 2026
20:30
Onde
CONCELLO DE CARBALLO
Lugar SISAMO, CARBALLO, A Coruña, 15106, A Coruna
Lugar SISAMO, CARBALLO, A Coruña, 15106, A Coruna
Sinopse
Sofía Espiñeira segue apostando polos sons de raíz, creando atmósferas sinxelas que achegan a canción de autora máis íntima e crúa a ritmos que ulen a terra e beben das músicas do mundo, dende o camiñar dunha chacarera ata o latexo da nosa música tradicional, poñendo en valor a oralidade, as nosas raíces e a memoria de que un día fomos nómades.No directo, xunto á arxentina-galega Ailén Kendelman na percusión e á cubana Yudit Almeida no contrabaixo, aposta pola naturalidade dos instrumentos acústicos e por unha linguaxe escénica elegante e coidada, unha proposta onde se suceden as historias e a conversa co público.
Información adicional
Compañía/Artista: Sofía Espiñeira
Tipo de espectáculo: MÚSICA OUTROS
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....
43.2144452
-8.721054

