
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- Un tranvía chamado desexo - Sen Cancelas Teatro - 17 de Outubro de 2026 - 20:30
- Un tranvía chamado desexo - Sen Cancelas Teatro - 11 de Decembro de 2026 - 21:00

A compañía Sen Cancelas Teatro leva a escena "Un tranvía chamado desexo", un clásico do teatro universal, considerada a obra mestra do dramaturgo estadounidense Tennessee Williams, e que acadou o prestixioso premio Pulitzer en 1948. Esta obra foi levada ó cine en varias ocasións, e escenificada en multitude de teatros de todo o mundo. Sen Cancelas Teatro constrúe a súa versión xogando coa ficción e a realidade, presentando un mundo onírico nunha atmosfera cargada e calorosa. Enfrontando á súa protagonista co descrédito dos que a rodean e cos seus propios medos e reproches dentro dunha sociedade patriarcal e opresora. Unha obra desgarradora cunha forte carga emocional e interpretativa.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.