UN MONSTRO MOI LARPEIRO – MARISA IRIMIA

UN MONSTRO MOI LARPEIRO

Cando

20 de Agosto de 2025    
11:00

Onde

PADERNE
Lugar PADERNE, PADERNE, A Coruña, 15314, A Coruna

Sinopse

Debaixo da cama vive un monstro especial: non dá medo, non fai trasandas, pero ten un apetito insaciábel¿ de palabras! E unha preferencia especial¿só come palabras en galego!, ningunha outra lle gusta máis. O monstro larpeiro xoga coas palabras, rima e enreda con elas, ata transformalas nun verso fermoso. O monstro sabe que a nosa é a mellor lingua para a poesía, coa súa musicalidade, as suas rimas suaves e a riqueza das suas expresións. Nenas e nenos descubrirán a diversión de crear con palabras e sentirán o orgullo de falar e vivir o galego. Entre versos e historias, aprenderemos que o noso idioma non só serve para contar, senon tamén para soñar e emocionar.

Información adicional

Compañía/Artista: MARISA IRIMIA
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Narración oral
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena

Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio