
Cando
4 de Setembro de 2025
20:30
Onde
Brantuas (ponteceso)
Estrada brantuas, PONTECESO, A Coruña, 15110, A Coruna
Estrada brantuas, PONTECESO, A Coruña, 15110, A Coruna
Sinopse
Tirando pola Lingua é unha festa a prol do galego que mestura teatro, maxia e música para tirarvos da lingua, da nosa lingua. Despois de anos promovendo combinados e producindo espectáculos a prol do galego, vemos aínda unha grande escaseza de propostas deste tipo que poidan adaptarse a diferentes públicos; por iso nos decidimos a crear un espectáculo cunha estrutura atractiva, coidada e cunha uniformidade estética e temática. Espectáculo con sete vogais creado para promocionar e dar prestixio ao galego a través do humor e das artes. Tirando pola Lingua é unha proxecto que, baixo unha dirección, mensaxe e guión común, une no seu desenvolvemento varias das mellores pezas a prol da lingua.
Información adicional
Compañía/Artista: ARTEFEITO PRODUCIÓNS
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Narración oral
Tipo de público: XERAL
Programa: Lingua a escena
Cargando mapa....
43.2438871
-8.9019301

