SOPHIE NON É O MEU NOME DE GUERRA – REDRUM TEATRO

SOPHIE NON É O MEU NOME DE GUERRA

Cando

21 de Novembro de 2025    
20:30

Onde

Centro Social Polivalente
Avenida Santa Minia 46, BRIÓN, A Coruña, 15865, A Coruna

Sinopse

A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigüa e perigosa.Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña.

Información adicional

Compañía/Artista: REDRUM TEATRO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Drama
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio