Só Elas de ronda: tradición ferrolana en feminino – Rondalla Só Elas

Só Elas de ronda: tradición ferrolana en feminino

Cando

7 de Novembro de 2026    
19:30

Onde

Sinopse

A Rondalla Só Elas protagoniza un espectáculo musical que é, ao mesmo tempo, unha homenaxe á tradición e unha aposta decidida pola súa evolución. Baixo a dirección de Miriam Fernández Marín, esta agrupación formada por 51 mulleres de distintas xeracións, pon en valor o papel feminino na música de rondalla, creando un espazo interxeracional onde conviven a experiencia, a transmisión oral e a renovación artística. O concerto, cunha duración aproximada dunha hora, invita ao público a mergullarse nunha viaxe sonora profundamente vinculada á identidade cultural de Ferrol.

Información adicional

Compañía/Artista: Rondalla Só Elas
Tipo de espectáculo: MÚSICA NON PROFESIONAL - Outros
Tipo de público: XERAL
Programa: Alicerce

Mapa non dispoñible

Eventos relacionados

Non hai eventos relacionados
Scroll ao inicio