
Cando
2 de Xaneiro de 2026    
18:00
Onde
PARQUE MUNICIPAL A RÚA
Parque / Parroquia PARQUE MUNICIPAL DE A RÚA (RÚA A RÚA) S/N, MIÑO, A Coruña, 15630, A Coruna
Parque / Parroquia PARQUE MUNICIPAL DE A RÚA (RÚA A RÚA) S/N, MIÑO, A Coruña, 15630, A Coruna
Sinopse
Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda... Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre. Remangade ben o pantalón, que para apañar palabras é preciso mollar os pés! Preparádevos para recoller eses vocábulos que case nunca medran nos libros. Se queredes saber o que significa rilla-rilla, poñede atención¿O espectáculo vai comezar!
Información adicional
Compañía/Artista: Xarope Tulú
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Teatro
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena
Eventos relacionados
- Meco e Sono - Xarope Tulú - 13 de Decembro de 2025 - 12:00
 

