
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- CIRCANDO - ARTEFEITO PRODUCIÓNS - 7 de Agosto de 2025 - 11:00
- TIRANDO POLA LINGUA - ARTEFEITO PRODUCIÓNS - 4 de Setembro de 2025 - 20:30
- DUO VAGUEDADES - ARTEFEITO PRODUCIÓNS - 12 de Outubro de 2025 - 19:00
Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da nosa historia. A través dos seus textos e con dirección de Diego Rey, fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. Ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.A través dun ollo de vidro que dá nova forma ao que vemos, poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprender realmente a nosa historia e o noso presente.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.