PROFETAS – ÍTACA TEATRO

PROFETAS

Cando

2 de Outubro de 2026    
20:30

Onde

Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas 14, CULLEREDO, A Coruña, 15670, A Coruna

Sinopse

Ela e El vólvense atopar, moito tempo despois. Ao longo da noite, tratarán de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación; os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións que crearon e as cidades onde a imaxinaron xuntos. Profetas presenta o encontro dunha parella que xa non o é. Dúas persoas que fan balance da súa historia común por medio doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación están presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. Un conto que se conta para contarnos. PROFETAS de Ernesto Is (16º Premio Abrente de textos teatrais)

Información adicional

Compañía/Artista: ÍTACA TEATRO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Contacontos ou monologos
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio