
Cando
27 de Decembro de 2025
17:30
Onde
Casa da Cultura de Camporrapado
Camporrapado, BOQUEIXÓN, A Coruña, 15882, A Coruna
Camporrapado, BOQUEIXÓN, A Coruña, 15882, A Coruna
Sinopse
Pedro e Irati son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos agora dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. A partir destes elementos cóntanlle á xente como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado nun día en que toda a aldea andaba á procura dun lobo. Fantoches baj adapta o clásico Pedro e o Lobo de Prokofiev para contarnos unha historia de emocións humanas: a superación, o amor, a vinganza, o medo e o orgullo e finalmente unha defensa do lobo e da necesidade de valorar a natureza. Musical de teatro en 2 formatos: con banda de música en directo ou coas músicas gravadas.
Información adicional
Compañía/Artista: FANTOCHES BAJ
Tipo de espectáculo: TEATRO - Monicreques
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Eventos relacionados
- Castelao, un corazón á intemperie - Fantoches Baj - 12 de Decembro de 2025 - 18:30