Os xogos do Paporrubio – PAPORRUBIO

Os xogos do Paporrubio

Cando

12 de Agosto de 2025    
17:00

Onde

ALAMEDA DE ORDES
Alameda ALAMEDA DE ORDES, ORDES, A Coruña, 15680, A Coruna

Sinopse

Os xogos do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes. A pretensión é facerlle accesible, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.

Información adicional

Compañía/Artista: PAPORRUBIO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Monicreques
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Web
Mapa non dispoñible

Eventos relacionados

Scroll ao inicio