
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- OS DOUS DE SEMPRE. O REGRESO - MOFA E BEFA - 17 de Outubro de 2025 - 20:30
- OS DOUS DE SEMPRE. O REGRESO - MOFA E BEFA - 26 de Outubro de 2025 - 19:00
Producións Teatrais Excéntricas construiu os seus últimos éxitos adaptando para o teatro grandes figuras da literatura galega. Agora tocoulle a vez a Castelao. Moita xente, cando escoita a expresión ¿Os Dous de Sempre¿, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por Castelao.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.