
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- O MEU PAI NACEU O MESMO ANO QUE MICK JAGGER - TARABELA CREATIVA - 13 de Novembro de 2026 - 21:15
- O QUE NON ESTABA ESCRITO - TARABELA CREATIVA - 21 de Novembro de 2026 - 20:00

O pai de Carmen Conde foi durante décadas especialista en dactiloscopia da Policía Xudicial. Un home que resolveu delitos e crimes descifrando a palma da man de quen os levaba a cabo. Como unha especie de nigromante, pero guiado pola ciencia. Como resultado, centos de atestados, que dan conta da cartografía delictiva dunha Galicia delirante. Nesta comedia marxista (si, marxista), destápase un entramado con bombas, carteiristas, estafadores, ladróns, leite tóxico de Chernóbil e os capos hippies da marihuana. Que unen forzas e tamén se obstaculizan mutuamente para cobrar unha herdanza millonaria que ten unhas condicións moi peculiares para ser recibida.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.