O eco das pedras – RAQUEL QUEIZÁS

O eco das pedras

Cando

31 de Outubro de 2025    
17:00

Onde

EDIFICIO DE SERVIZOS MULTIPLES
Rúa DA PATACA S/N, CORISTANCO, A Coruña, 15147, A Coruna

Sinopse

Existiu hai moito tempo, en Galicia, unha aldea chamada Veromundo, estaba chea de lendas que se escondían nas covas e mámoas de pedra. Este lugar desapareceu co paso do tempo, ninguén se lembra xa do seu nome. Mais, de cando en vez, sen previo aviso ¿aparece¿ diante dos nosos ollos un cova de Veromundo, na que habita unha moura, unha sabia, unha encantada que conta o que non está escrito empregando para iso os petróglifos que rodean a súa morada. Na nosa terra, Galicia, as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas.

Información adicional

Compañía/Artista: RAQUEL QUEIZÁS
Tipo de espectáculo: TEATRO - Contacontos ou monologos
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio