Neura, unha comedia neurótico-festiva De Ste Xeito – De Ste Xeito Producións

Neura, unha comedia neurótico-festiva De Ste Xeito

Cando

3 de Outubro de 2026    
19:00

Onde

CASA DA CULTURA CABANAS
Avenida Avda. Laraxe_|_ s/n_|_, CABANAS, A Coruña, 15621, A Coruna

Sinopse

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas. Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Información adicional

Compañía/Artista: De Ste Xeito Producións
Tipo de espectáculo: TEATRO - Comedia
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Video  / Web
Mapa non dispoñible

Eventos relacionados

Scroll ao inicio