
Cando
19 de Xuño de 2025
11:00
Onde
CEIP OZA DOS RIOS
Lugar LOIS, OZA-CESURAS, A Coruña, 15388, A Coruna
Lugar LOIS, OZA-CESURAS, A Coruña, 15388, A Coruna
Sinopse
Tras o éxito de Saaabor! Félix Rodríguez e Fran Rei convértense de novo en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para toda a familia. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns. O food truck de Máis Saaabor! chega a vila, un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun inesquecible sabor de boca.
Información adicional
Compañía/Artista: CULTURACTIVA PRODUCIONS
Tipo de espectáculo: TEATRO - Comedia
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Eventos relacionados
- AS ALUMNAS - CULTURACTIVA PRODUCIONS - 6 de Marzo de 2026 - 20:00

