LAMBETADAS – TALIA TEATRO

LAMBETADAS

Cando

11 de Marzo de 2027    
11:30

Onde

Teatro cine Elma
Rúa Rafael Calleja 51, POBRA DO CARAMIÑAL_|_ A, A Coruña, 15940, A Coruna

Sinopse

Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. Hai linguas e linguas. E non hai unha igual cá outra. Iso si: cada quen lambe coa súa. Non vai lamber con outra. Porque se tes unha lingua tes que empregala. E vale para lamber calquera cousa. E para falar de calquera cousa. E en calquera situación. Porque todas as linguas valen para o mesmo.

Información adicional

Compañía/Artista: TALIA TEATRO
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Teatro
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio