
Eventos relacionados
- H2...OH! - TEATRO GHAZAFELHOS - 21 de Febreiro de 2026 - 18:00
- Historias para escagarriñarse - Teatro Ghazafelhos - 21 de Febreiro de 2026 - 18:00
- Travesía Unicornio - Teatro Ghazafelhos - 6 de Marzo de 2026 - 12:00

H2..Oh! é un laboratorio científico teatralizado; unha proposta chea de curiosidades científicas e humor dirixida a todos os público. Baseada no libro homónimo de María Canosa gañador do Premio Follas Novas 2021 á mellor publicación de divulgación. Con esta proposta, Teatro Ghazafelhos contribúe a normalización social do galego como lingua válida e precisa para abordar cuestións vinculadas coa investigación e a ciencia. O guión da peza está orientado a favorecer a vivencia positiva do galego entre as persoas do público (absolutamente necesario para o desenvolvemento da peza) e a incrementar o seu uso e prestixio entre a infancia e as familias asistentes.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.