FALEMOS COMO GALEGAS – MIGALLAS TEATRO

FALEMOS COMO GALEGAS

Cando

17 de Outubro de 2026    
20:30

Onde

CPI Pecalama
Pontepedra, TORDOIA, A Coruña, 15683, A Coruna

Sinopse

Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a ¿diglosite¿ e a ¿castrapite¿? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego? ¿Falemos como galegas¿ é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor. Cada función de ¿Falemos como galegas¿ é unha invitación amena a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado entre as galegas e galegos de todas as idades.

Información adicional

Compañía/Artista: MIGALLAS TEATRO
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Teatro
Tipo de público: XERAL
Programa: Lingua a escena

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio