
Dúas anduriñas aventureiras deciden explorar mundo e ir máis alá na súa viaxe migratoria cara o sur. Tras cruzar unha forte tormenta, acaban na selva, onde son coidadas e acollidas por unha manda de macacos. Ambas descobren todo un mundo novo de sensacións, ritmos e movementos, así como a riqueza da amizade sen fronteiras. Unha historia que nos convida a viaxar dende terras galegas ata a Selva do Congo, soñando paisaxes, voando de mil maneiras, sendo animais, raios ou chuvia; escoitando, bailando e cantando.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.