COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO – MARIÑA LESTÓN

COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO

Cando

21 de Novembro de 2026    
18:00

Onde

Casa da Cultura
Rúa Medico Vicente Fraguela 12, CORCUBIÓN, A Coruña, 15130, A Coruna

Sinopse

Unha proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto. Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar ás persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar ás que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron¿ Para que as súas historias non caian no esquecemento.Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego. A proposta conta cun formato accesible en lingua de signos coa intérprete Gema Santos.

Información adicional

Compañía/Artista: MARIÑA LESTÓN
Tipo de espectáculo: TEATRO - Outros
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Non hai eventos relacionados
Scroll ao inicio