CORALINDA – sala – ELEFANTE ELEGANTE

CORALINDA - sala

Cando

28 de Febreiro de 2027    
18:00

Onde

Pazo da Cultura
do Pan, CARBALLO, A Coruña, 15100, A Coruna

Sinopse

CORALINDA é unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo aborda as temáticas da solidariedade, do racismo e do medo ao que é diferente. CORALINDA propón unha ollada cómplice, reflexiva e sensible en relación ás experiencias que viven as persoas que por cuestións de etnia, xénero ou clase social sofren comportamentos discriminatorios.A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.

Información adicional

Compañía/Artista: ELEFANTE ELEGANTE
Tipo de espectáculo: TEATRO - Outros
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Mapa non dispoñible

Eventos relacionados

Non hai eventos relacionados
Scroll ao inicio