CONTOS CON MAR DE FONDO (PÚBLICO ADULTO) – CAXOTO (A TRASTENDA DOS CONTOS)

CONTOS CON MAR DE FONDO (PÚBLICO ADULTO)

Cando

9 de Novembro de 2025    
19:00

Onde

Centro Sociocultural do Graxal
Rúa Álvaro Cunqueiro 4, CAMBRE, A Coruña, 15679, A Coruna

Sinopse

Aínda que nunca se afastou da costa máis dunha milla mar adentro Caxoto é un home de mar, cando menos filoxeneticamente. Bisneto, neto e fillo de armadores e mariñeiros, o mar corre polas súas veas e a súa memoria dende o mesmo momento de nacer. Ao longo da súa traxectoria como narrador oral Caxoto foi atesourando un rico repertorio mariñeiro de contos, lendas, anécdotas e feitos históricos que agora decidiu enfiar neste espectáculo de narración oral. Un espectáculo para os cinco sentidos cheo de salitre, mar picada e vento zoando. Sesenta minutos de viaxes transoceánicas baixo o pulso intenso, emocional e retranqueiro que caracteriza o seu contar.

Información adicional

Compañía/Artista: CAXOTO (A TRASTENDA DOS CONTOS)
Tipo de espectáculo: TEATRO - Contacontos ou monologos
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio