
Cando
18 de Xuño de 2025
12:00
Onde
CPI ARMANDO COTARELO VALLEDOR
Colexio CAMPO DO ROSARIO, BOIMORTO, A Coruña, 15817, A Coruna
Colexio CAMPO DO ROSARIO, BOIMORTO, A Coruña, 15817, A Coruna
Sinopse
Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas.
Información adicional
Compañía/Artista: BRAIS DAS HORTAS
Tipo de espectáculo: TEATRO - Teatro musical
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

