CONSERTASSO NA HORTA – BRAIS DAS HORTAS

CONSERTASSO NA HORTA

Cando

1 de Novembro de 2025    
14:00

Onde

TOURO
Lugar SUBRES, TOURO, A Coruña, 15822, A Coruna

Sinopse

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas.

Información adicional

Compañía/Artista: BRAIS DAS HORTAS
Tipo de espectáculo: TEATRO - Teatro musical
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Mapa non dispoñible

Eventos relacionados

Scroll ao inicio