
Cando
19 de Novembro de 2026
11:30
Onde
Casa da Cultura
Rúa Santiago 60, ARZÚA, A Coruña, 15810, A Coruna
Rúa Santiago 60, ARZÚA, A Coruña, 15810, A Coruna
Sinopse
Somos unha banda formada por docentes de A Casa do Rock que nace da inquedanza de achegar o rock á rapazada. Os nosos concertos baséanse na creación dun ambiente propicio para a liberdade de expresión musical das crianzas. Non é un espectáculo para ver, senón para formar parte activa del. Cobran vida a imitación, a improvisación, a capacidade de resposta, a imaxinación... Un evento inesquecible para que as crianzas aprendan sobre os diferentes instrumentos da historia do Rock. Con xogos para divertirse mentres seguen o ritmo da batería, a voz, o baixo, o teclado e a guitarra eléctrica. Para que bailen e salten gozando dos clásicos do Rock e temas actuais. Unha experiencia única!
Información adicional
Compañía/Artista: A CASA DO ROCK
Tipo de espectáculo: MÚSICA ROCK
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

