Coa pandeireta na man – María Faltri

Coa pandeireta na man

Cando

21 de Xuño de 2025    
16:30

Onde

ÁREA DE COMOXO
Área DE COMOXO, BOIRO, A Coruña, 15937, A Coruna

Sinopse

Coa pandeireta na ma é un espectáculo pensado para achegar aos máis pequenos e pequenas á riqueza da música tradicional galega e á importancia da tradición oral en galego. Con este proxecto, María Faltri quere render homenaxe ás cantareiras e á cultura popular galega, transmitindo a súa esencia de xeito lúdico e participativo. Coa pandeireta na man é un espectáculo que ofrece unha experiencia completa para toda a familia, onde música, xogos, lingua e tradición se entrelazan para garantir que o legado das nosas raíces culturais continúe vixente, creando un espazo de aprendizaxe e diversión, ao mesmo tempo que se preserva e historia da música galega e da súa lingua.

Información adicional

Compañía/Artista: María Faltri
Tipo de espectáculo: MÚSICA OUTROS
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Non hai eventos relacionados
Scroll ao inicio