
Cando
16 de Maio de 2025
10:00
Onde
PAI de Cabanas
Lugar Viñas 12, CABANAS, A Coruña, 15621, A Coruna
Lugar Viñas 12, CABANAS, A Coruña, 15621, A Coruna
Sinopse
Na aldea do queixo fresco cinco ratiños de conto cantan cancións e escoitan divertidas historias. Xoga con eles e descubrirás a que sabe a Lúa e onde vive a ratiña máis presumida do mundo. Cancións, sons, luces, olores e texturas apoian as escenas e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia. Unha actividade na que os bebés compartirán con aquelas persoas que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e dos quefaceres cotiáns espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese polo teatro, a literatura e a tradición oral.
Información adicional
Compañía/Artista: MIGALLAS TEATRO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Contacontos ou monologos
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....
43.4160198
-8.1584384
Eventos relacionados
- Elas pintan moito" - MIGALLAS TEATRO - 22 de Marzo de 2026 - 12:00

