Chuches Amil dúo – Chuches Amil

Cando

20 de Xuño de 2025    
18:00

Onde

LSC Figueiras
Rúa do Vencello 37, SANTIAGO DE COMPOSTELA, A Coruña, 15897, A Coruna

Sinopse

Chuches Amil é un proxecto musical para toda a familia co ánimo de fornecer aos cativos e cativas de Galicia dun acervo cultural en galego, con visos de contemporaneidade e universalidade que poña en valor aspectos fundamentais como o respecto, a solidariedade, o esforzo ou a non violencia, sen descoidar o aspecto lúdico do baile e a diversión en familia. A discoteca ideal para atreverse cos primeiros pasos bailabeis e, ao tempo, para mergullarse na tradición musical do beat e do rock cun aceno contemporáneo. Un tesouro musical con vocación de permanencia no tempo e na memoria. Un espectáculo de música infantil para aprender e divertirse.

Información adicional

Compañía/Artista: Chuches Amil
Tipo de espectáculo: MÚSICA ROCK
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio