CASTELAO. UN CORAZÓN Á INTEMPERIE – FANTOCHES BAJ

CASTELAO. UN CORAZÓN Á INTEMPERIE

Cando

15 de Maio de 2026    
17:30

Onde

Casa da Cultura
Lugar Tallós 28, DODRO, A Coruña, 15981, A Coruna

Sinopse

Varela Buxán fora o encargado de dirixir ¿Os vellos non deben de namorarse¿ na súa estrea absoluta en 1941 en Bos Aires e, a partires de aí, mantivo unha fonda amizade con Castelao. Por iso, para homenaxealo, Varela Buxán colocarase nun pequeno escenario onde trazará brevemente a peripecia vital de Castelao deténdose naqueles momentos literarios e artísticos que considera máis significativos. Entre outros, representará con marionetas parte da súa obra: contos de `Cousas¿ (¿Panchito¿ e a ¿Marquesiña¿); narracións de `Retrincos¿ (¿Sabela¿ e ¿O inglés¿), escenas de ¿Os vellos non deben namorarse¿ e o o monólogo do esqueleto en ¿Un ollo de vidro¿.

Información adicional

Compañía/Artista: FANTOCHES BAJ
Tipo de espectáculo: TEATRO - Monicreques
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio