CARABELA VOLVE AOS MARES – GALEATRO

CARABELA VOLVE AOS MARES

Cando

24 de Xullo de 2026    
20:30

Onde

Praza do Concello
Praza Praza do Concello, MUGARDOS, A Coruña, 15620, A Coruna

Sinopse

Carabela volve aos mares é un espectáculo de títeres que adapta o texto teatral de Paula Carballeira. Conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas

Información adicional

Compañía/Artista: GALEATRO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Monicreques
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio