Brinca Vai! de aquí a acolá – Paco Nogueiras

Brinca Vai! de aquí a acolá

Cando

20 de Xuño de 2026    
16:00

Onde

Campo de Santa Eufemia
Lugar Campo de Santa Eufemia, TRAZO, A Coruña, 15687, A Coruna

Sinopse

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd ¿Brinca Vai!¿, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida ¿Máquina¿ nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Información adicional

Compañía/Artista: Paco Nogueiras
Tipo de espectáculo: MÚSICA OUTROS
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio