
Cando
8 de Xuño de 2025
17:00
Onde
AUDITORIO DA CASA DE CULTURA
Rúa CASTELAO 1 - - - -, MAZARICOS, A Coruña, 15256, A Coruna
Rúa CASTELAO 1 - - - -, MAZARICOS, A Coruña, 15256, A Coruna
Sinopse
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna e que anuncian a primavera. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e co seu xeito de enchelo todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto á emigración galega: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igua que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala.
Información adicional
Compañía/Artista: TARABELA CREATIVA
Tipo de espectáculo: TEATRO - Outros
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

