AS NOSAS ANCESTRAS ANÓXANSE: ¿QUE ACONTECE COA NOSA LINGUA? – MAGA FANI

AS NOSAS ANCESTRAS ANÓXANSE: ¿QUE ACONTECE COA NOSA LINGUA?

Cando

17 de Maio de 2026    
12:30

Onde

Escola Municipal de música Emilio Andujar
Rúa Tedelle s/n, BAÑA_|_ A, A Coruña, 15863, A Coruna

Sinopse

As deusas e matriarcas da nosa terra, dende o máis alá, ollan e anóxanse ao ver o que os humanos fixeron coa súa lingua. Porén, contactan coa Maga Fani, que recibe a seguinte información encriptada: "canto te atopes no ano 114 d.CE. (despois de Celso Emilio), herdarás unha espada "antialdraxes", coa misión de realizar unha viaxe escénica, máxica e lingüística. Percorre cada recanto do país e amosa, ora as anormalidades decotío no uso do galego, ora a marabilla de posuír un "Monte Pindo" de fala propia e realiza un espectáculo de ilusionismo, e amor pola nosa lingua, co propósito de estima e consideración pola nosa cultura"

Información adicional

Compañía/Artista: MAGA FANI
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Maxia
Tipo de público: XERAL
Programa: Lingua a escena

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio