
Cando
14 de Novembro de 2025
20:30
Onde
AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
Avenida Gándara de Abaixo 30, VALDOVIÑO, A Coruña, 15552, A Coruna
Avenida Gándara de Abaixo 30, VALDOVIÑO, A Coruña, 15552, A Coruna
Sinopse
Ela e el foron parella. Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar. Logo dun tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez. Unha viaxe polas emocións. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos ¿amor¿. Existen outros amores. Precisamos outras historias. Unha peza alegre, conmovedora e necesaria polo seu impacto positivo en valores nos que cremos: o amor, a parella, a igualdade entre homes e mulleres, e a posibilidade de construir vínculos saudables e respectuosos aínda nos momentos de dor ou separación.
Información adicional
Compañía/Artista: Verdeveras Expresións Artísticas
Tipo de espectáculo: TEATRO - Outros
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....
43.6121683
-8.1411018

