APAGA O CANDIL – CONTRAPRODUCIÓNS

APAGA O CANDIL

Cando

10 de Outubro de 2025    
20:30

Onde

Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas 14, CULLEREDO, A Coruña, 15670, A Coruna

Sinopse

Escuro. Camiño que vai cara á nada. Sen rumbo, atoutiñando nas tebras, entra en escena un home miúdo e melancólico. É EL, O Xestal. Poderíase pensar que é máis ben a súa idea, ou mesmo a súa alma afastándose do seu corpo, pero, como personaxe teatral, é corpórea e fisicamente EL. Sáelle ao paso un mozo novo e garrido, rechamantemente vestido cun traxe que lembra o do repoludo gaiteiro rosaliano. É a MORTE, que leva un candil aceso na man e que que, iluminándolle o camiño, convídao a seguilo no seu derradeiro treito. Faise a luz. A partir dese momento prodúcese unha esgrima dialéctica entre os dous personaxes. En principio EL négase a recoñecer a MORTE en tan atípica fasquía.

Información adicional

Compañía/Artista: CONTRAPRODUCIÓNS
Tipo de espectáculo: TEATRO - Comedia
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio