
Cando
17 de Novembro de 2026
11:30
Onde
Casa da Cultura
Rúa Santiago 60, ARZÚA, A Coruña, 15810, A Coruna
Rúa Santiago 60, ARZÚA, A Coruña, 15810, A Coruna
Sinopse
A familia papaventos é un concerto de Charo Pita cos músicos María Faltri e Jorge Juncal no que interpretan cancións do libro `No país do vento¿ publicado na editorial Galaxia. No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas.
Información adicional
Compañía/Artista: A FAMILIA PAPAVENTOS
Tipo de espectáculo: MÚSICA OUTROS
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

