A CHUNGATRONA – PETER PUNK PALLASO

A CHUNGATRONA

Cando

30 de Xullo de 2025    
20:30

Onde

PISTA POLIDEPORTIVA CCRD PERLIO
Rúa SAN SALVADOR 12, FENE, A Coruña, 15500, A Coruna

Sinopse

Neste espectáculo Peter Punk crea un conxunto de rutinas que confirma a súa intención de converterse nunha referencia do novo circo galego como pallaso.  Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo, a destreza dunha voluntaria con tres aros e un vaciador de ideas.  E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión  ata que... algún incauto resulte totalmente mollado e coa cara cuberta de tarta. Todo isto para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores.

Información adicional

Compañía/Artista: PETER PUNK PALLASO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Circo e acrobacias
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio