45º Aniversario – Milladoiro

45º Aniversario

Cando

21 de Xuño de 2025    
23:00

Onde

Lugar de Vilasuso
Lugar de Vilasuso, NARÓN, A Coruña, 15541, A Coruna

Sinopse

Levamos corenta e cinco anos percorrendo espazos, silencios e xeografías. Levamos mais de corenta e cinco anos tentando atopar a beleza detrás de cada pentagrama, tempo e tempo poñendo banda sonora a un país en perpetua construción imperfecta. Somos fillos seus e lembramos a cor sepia dos días escuros e de pobreza socio-ambiental. Corenta e cinco anos despois, seguimos á procura da beleza e da harmonía nunha singradura que ten a Galicia como epicentro dunha longa espiral sen fronteiras e que agarda e demanda de cada un de nós que sempre estemos á altura do seu horizonte de mar, ceo e terra; un horizonte onde pousa a ollada tan só a esperanza.

Información adicional

Compañía/Artista: Milladoiro
Tipo de espectáculo: MÚSICA TRADICIONAL
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Non hai eventos relacionados
Scroll ao inicio