
Cando
7 de Agosto de 2025
20:00
Onde
PRAZA ESTHER PITA
Praza ESTHER PITA, OLEIROS, A Coruña, 15179, A Coruna
Praza ESTHER PITA, OLEIROS, A Coruña, 15179, A Coruna
Sinopse
Un orixinal acto de distraccións a estrear, nun percorrido c@s 2 mellores ilusionistas dispoñibles,...non serán @s mellores, mais serán @s máis dispoñibles, amosando unha escolma sobranceira de trangalladas obtidas das súas faldriqueiras.Maxia incitadora ó esparexemento de labazadas contra o fastío, corrixindo a sintonización do presente, co pulo do ilusionismo como sinal emisora.Benvid@s a unha troula de despropósitos, diabruras e chilindradas moi serias...e importantes.Unha laretada de maxias esperpénticas, con prebe de participación do público:un intre de limpeza da ferruxe na articulación mandibular.
Información adicional
Compañía/Artista: MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA
Tipo de espectáculo: MAXIA - Maxia e ilusionismo
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....
43.3477333
-8.3465165

