Petróglifos – Carmen Domech

Petróglifos

Cando

21 de Agosto de 2026    
18:00

Onde

NONTE DA INSUA
Lugar MONTE DA INSUA 0, LAXE, A Coruña, 15117, A Coruna

Sinopse

Os petróglifos gardan miles de historias do pasado. Moitas delas chegaron aos nosos días. O tempo foinas variando: quitando e engadindo acontecementos, crenzas ou costumes segundo as épocas. Mouras coidadoras da natureza que, ao contrario do que ás veces se dixo delas, son solidarias cos homes e só buscan a igualdade. A sabia vella do arco sae a pasear e enche o ceo e a nosa imaxinación de cores cos que voar. Petróglifos de labirintos, serpes, cervas e estrelas. Todas estas historias transmiten a necesidade da igualdade entre homes e mulleres para así conseguir un mundo máis xusto. Narración oral, monicreques e algunha sorpresa vannos contar posibles historias que os petróglifos encerran.

Información adicional

Compañía/Artista: Carmen Domech
Tipo de espectáculo: TEATRO - Contacontos ou monologos
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio