CELEBRANDO A NATUREZA: narración e movemento. – Laura Martínez Rey (@removecorpoemente)

CELEBRANDO A NATUREZA: narración e movemento.

Cando

10 de Decembro de 2026    
18:00

Onde

Casa da Cultura
Avenida Conces 20-22, FENE, A Coruña, 15500, A Coruna

Sinopse

Na nosa terra cada etapa do ano ten unhas cores, uns elementos, unhas palabras, algo que festexar... A través de cestos cheos de sorpresas e dun fermoso centro coas cores, produtos e elementos da estación correspondente, poñeremos palabras á nosa natureza e ós nosos costumes. Celebraremos a estación coñecendo os produtos e con pequenas poesías e cancións, que darán paso ó movemento. A través dos sentidos, o corpo e a música, divertirémonos respirando e danzando, sendo vento, chuvia, lume, neve...landras, laranxas, arume, toxos... coñecendo e sentindo o noso medio. Integrando a lingua, explorando as palabras a través do noso corpo, descubrindo a nosa contorna.

Información adicional

Compañía/Artista: Laura Martínez Rey (@removecorpoemente)
Tipo de espectáculo: TEATRO - Contacontos ou monologos
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio