GABINETE MIRABILIA – PABLÍSIMO

GABINETE MIRABILIA

Cando

24 de Outubro de 2026    
18:00

Onde

Capela da Madanela
Rúa Cima do Lugar s/n, ARZÚA, A Coruña, 15810, A Coruna

Sinopse

Nova proposta de narración oral e obxectos coa que Pablísimos celebra 25 anos enriba dos escenarios! Achéguense ao Gabinete Mirabilia! Aquí poderán apreciar pezas moi peculiares, rarezas, abraios e as máis incribles curiosidades! Marabíllense coa fauna imposible e as criaturas máis extravagantes da natureza! Contemple pequenas obras de arte e escoite misterios inexplicables. Nesta fantástica colección cada obxecto ten a súa historia... ou cada historia ten o seu obxecto? Gabinete Mirabilia é un espectáculo inspirado nos cuartos das marabillas ou gabinetes de curiosidades onde se coleccionaban obxectos encantados e misteriosos, aparellos científicos, antigüidades e todo tipo de prodixios.

Información adicional

Compañía/Artista: PABLÍSIMO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Outros
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio