
Cargando mapa....
Eventos relacionados
- HOXE SI! - SEMPRE ARRIBA - 6 de Agosto de 2026 - 20:00
- Gala Temazos - Sempre Arriba - 31 de Decembro de 2026 - 00:00
- HOXE SI! - SEMPRE ARRIBA - 28 de Febreiro de 2027 - 18:00

Responsábel, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma; mais hoxe a súa rutina vaise ver alterada pola mirada do público, espertando o seu lado lúdico e fantasioso, e levándoa a facer aquilo que cría imposíbel. Unha viaxe cara o reencontro cun mesmo e o pracer de vivir e compartir. Empregando o clown como linguaxe, e en comunicación directa co público, neste espectáculo ponse de manifesto a dualidade que moitos vivimos por dentro: aprendemos a ser eficaces, a cumprir prazos e expectativas, esquecéndonos de desfrutar e de nos deixar ser. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea que convida o público a se empapar coas emocións da protagonista.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.