
Cando
31 de Decembro de 2026
00:00
Onde
-
-, CAMBRE, A Coruña, 15660, A Coruna
-, CAMBRE, A Coruña, 15660, A Coruna
Sinopse
Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de ghavotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar. Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel estraza ou as esponxas naturais. E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo.
Información adicional
Compañía/Artista: TROPA DE TRAPO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Monicreques
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....
43.2992793
-8.3471781

