ROGELIO 3. LA FÊTE – ASSIRCÓPATAS

ROGELIO 3. LA FÊTE

Cando

12 de Xuño de 2026    
19:30

Onde

Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas 14, CULLEREDO, A Coruña, 15670, A Coruna

Sinopse

Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta é a última entrega dunha triloxía. Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo? Un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares e música e sobre todo moito humor. Rogelio III. La fête é unha coprodución de AsSircópatas e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Espectáculo finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2025.

Información adicional

Compañía/Artista: ASSIRCÓPATAS
Tipo de espectáculo: TEATRO - Circo e acrobacias
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Video  / Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio