SOPHIE NON É O MEU NOME DE GUERRA – REDRUM TEATRO

SOPHIE NON É O MEU NOME DE GUERRA

Cando

28 de Novembro de 2026    
19:00

Onde

Auditorio da Senra
A Senra 31, BERGONDO, A Coruña, 15165, A Coruna

Sinopse

A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigua e perigosa.

Información adicional

Compañía/Artista: REDRUM TEATRO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Drama
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo

Web
Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio