
Cando
25 de Novembro de 2026
12:30
Onde
Arcediago
Lugar Agro do chao 0, SANTISO, A Coruña, 15808, A Coruna
Lugar Agro do chao 0, SANTISO, A Coruña, 15808, A Coruna
Sinopse
Chuches Amil é un proxecto musical para toda a familia co ánimo de fornecer aos cativos e cativas de Galicia dun acervo cultural en galego, con visos de contemporaneidade e universalidade que poña en valor aspectos fundamentais como o respecto, a solidariedade, o esforzo ou a non violencia, sen descoidar o aspecto lúdico do baile e a diversión en familia. A discoteca ideal para atreverse cos primeiros pasos bailabeis e, ao tempo, para mergullarse na tradición musical do beat e do rock cun aceno contemporáneo. Un tesouro musical con vocación de permanencia no tempo e na memoria. Un espectáculo de música infantil para aprender e divertirse.
Información adicional
Compañía/Artista: CHUCHES AMIL
Tipo de espectáculo: MÚSICA ROCK
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Cargando mapa....
42.8448165
-8.0389408
Eventos relacionados
- Chuches Amil eléctrico - Chuches Amil - 18 de Xuño de 2026 - 18:00

