
Eventos relacionados
- Inmaterial - Unto Vello - 11 de Xullo de 2026 - 22:00
- Inmaterial - Unto Vello - 23 de Xullo de 2026 - 20:30
- Inmaterial - Unto Vello - 13 de Agosto de 2026 - 22:00

Unto Vello é un proxecto que nace das recollidas de música tradicional galega que fan os seus integrantes: Bieito Pereira e Xabi Gómez. Pezas ás que aplican arranxos propios con instrumentación tradicional e voz. O resultado é unha música dedicada ao baile que tece comunidade en cada actuación.Este 2026 será o ano do seu debut discográfico, cun álbum titulado Inmaterial que conta coa produción de Hevi (Laboratorio Soyuz). O disco recompilará os cantares recollidos por todo o país polo dúo, froito dun intenso labor de investigación e reinterpretación da música tradicional galega.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.