DANZACONTOS: “Viaxando con anduriñas: Carnaval do Brasil.” – Laura Martínez Rey (@removecorpoemente)

DANZACONTOS: "Viaxando con anduriñas: Carnaval do Brasil."

Cando

23 de Outubro de 2026    
18:30

Onde

Auditorio Casa da Cultura Pintor Lloréns
Avenida Avenida do Porto s/n, SADA, A Coruña, 15160, A Coruna

Sinopse

Fins e Lela, dúas andoriñas aventureiras, deciden desviarse da súa ruta migratoria habitual cara o sur e cruzan o maxestoso océano Atlántico. Vendo a súa inmensidade, esgotadas, caen nun gran barco pesqueiro que as levará ata Río de Xaneiro, un lugar cheo de bailes, desfiles e músicas marabillosas. Ambas descobren a Floresta da Tijuca, a súa flora e fauna, e o gran Carnaval de Río, así como a riqueza da amizade sen fronteiras. Todo un mundo novo de sensacións, ritmos e movementos, cores e instrumentos. Unha historia que nos convida a viaxar dende terras galegas ata o Brasil, sendo aves, mar, vento, árbores, mariñeiros, animais, instrumentos...; escoitando, sentindo, bailando e cantando.

Información adicional

Compañía/Artista: Laura Martínez Rey (@removecorpoemente)
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Narración oral
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena

Cargando mapa....

Eventos relacionados

Scroll ao inicio